Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Decembro 2019

  • díxitos Diciembre 2019

  • CESGA ICTS

galNIX, premio ETI 2004 pola súa calidade técnica e o esforzo colaborativo interinstitucional

 0 voto(s)

Mércores 03/08/2005 00:00

O Punto Neutro de Intercambio de Tráfico de Internet en Galicia (galNIX) recibiu o pasado 12 de febreiro o primeiro premio ETI, que outorgan anualmente a revista Computing España e a consultora PricewaterhouseCoopers, en recoñecemento á súa calidade técnica e ao seu esforzo por impulsar a cooperación entre empresas e institucións.



A entrega do premio tivo lugar no marco dos Encontros sobre Tecnoloxía da Información 2004, que se desenvolveron en Santiago e foron organizados por Computing España e a consultora PricewaterhouseCoopers coa colaboración de Sun Microsystems.
No acto, que foi clausurado polo Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, Juan Rodríguez Yuste, interviron ademais destacados representantes de institucións e empresas galegas.
 
Inaugurado en maio de 2003 e xestionado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o galNIX facilita o intercambio de tráfico de datos de Internet entre os operadores de telecomunicacións conectados a el (Auna; Comunitel; Jazztel; R; Retegal e a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, RECETGA).
 
Deste xeito, os usuarios que acceden a Internet a través das operadoras conectadas ao galNIX gozan dun mellor acceso aos contidos emprazados na Comunidade Galega. Ademais, o Punto Neutro contribúe a mellorar o funcionamento da Rede nesta Comunidade, xa que diminúe o tráfico de información nas redes troncais, que conectan Galicia co exterior.
 
Máis información dispoñible en www.galnix.net
Valorar: