Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Decembro 2019

  • díxitos Diciembre 2019

  • CESGA ICTS

A Galipedia, a Wikipedia en galego, cumpre 10 anos

 2 voto(s)

Venres 08/03/2013 11:01

Nova: A Galipedia, a Wikipedia en galego, cumpre 10 anos

Hoxe 8 de Marzo é o 10º Aniversario da Galipedia e celébrano o sábado 9 no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca, en Santiago de Compostela.

A Galipedia ou Wikipedia en galego é a edición en idioma galego da Wikipedia. Iniciouse o 8 de Marzo de 2003 e acadou os 10 000 artigos en Novembro de 2005. O 23 de Xuño de 2007 excedeu os 25 000 artigos, permanecendo nunha posición en canto a número de artigos relativamente estable, no posto 39º. O 4 de Marzo de 2013, a poucos días de cumprirse os 10 anos da súa creación, alcanzou a cifra de 100 000 artigos.

Wikipedia é unha enciclopedia libre e políglota da Fundación Wikimedia —unha organización sen fin de lucro—. Os seus máis de 20 millóns de artigos en 282 idiomas e dialectos foron redactados conxuntamente por voluntarios de todo o mundo, e practicamente calquera persoa con acceso ao proxecto pode editalos. Iniciada en xaneiro de 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, é actualmente a maior e máis popular obra de consulta en Internet. A Galipedia, a Wikipedia en galego, forma parte dos proxectos desenvolvidos pola Fundación Wikimedia.

Neste evento, o CESGA participa como colaborador e presenta no mesmo o proxecto europeo WikiSkills, no que se promociona o uso da wiki como ferramenta para a aprendizaxe, emprego e cultura dixital.

No cartel pode consultar o programa da celebración:

10º Aniversario Galipedia

Valorar: